11:00 hasta las 20:00
Buda e Shiva, Loto e Dragón: Obras maestras da colección de Mr. and Mrs. John D. Rockefeller 3rd en Asia Society
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
A exposición non é só una das coleccións de arte asiática máis exquisitas do mundo, senón o reflexo dos valores, as inquietudes, e o sentido do deber do seu propietario: John D. Rockefeller 3rd, pioneiro en converter o coleccionismo familiar nun axente real de apoio á política de entendemento entre EE.UU. e Asia nun momento da historia tremendamente complicado como o foi a guerra fría.
Con esta exposición, a Fundación Barrié quere non soamente traer a Galicia unha das coleccións de arte asiática máis destacadas, cunha profusión de pezas inéditas en España, senón tamén poñer de relevo o valor do mecenado privado, personificado nos Sres. John D. Rockefeller 3rd, como impulsores do encontro entre culturas.
Composta por 68 pezas, todas elas exquisitos exemplares da arte asiático datadas entre o século VI a. C. e o século XIX, a exposición mostrará o extraordinario conxunto de esculturas e obxectos suntuarios elaborados en pedra, metal e cerámica que John D. Rockefeller 3rd (1906-1978) e a súa esposa, Blanchette Hooker Rockefeller (1909-1992), coleccionaron con esmero entre as décadas dos 40 e 70 do século XX.



