11:00 hasta las 20:00
Colección de Arte Contemporáneo Internacional
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
A colección de arte contemporánea internacional, iniciada en 2008 e construída sobre o tradicional apoio da Fundación ás Artes desde diversos ámbitos, está exposta co fin de dar resposta á pregunta De que falamos cando falamos de pintura hoxe? e con ela a Fundación persegue traer o mellor da pintura contemporánea internacional a Galicia e achegar os mellores valores da arte galego ao mundo.
A colección, composta por 51 obras, integra a artistas galegos con presenza en coleccións internacionais (Ángela da Cruz, Suso Fandiño, Álvaro Negro, Manuel Vilariño ou Pedro Barbeito) con valores emerxentes (Sandra Cinto, Andrei Roiter, Shinique Smith, Manuel Caeiro ou Yves Oppenheim), figuras consolidadas da pintura contemporánea española e internacional (Jason Martin, Daniel Verbis, Simeón Saiz Ruiz, Günther Forg, Frank Nitsche ou Pedro Calapez) e nomes crave para a pintura da segunda metade do século XX (Imi Knoebel, Jonathan Lasker, Helmut Dorner, Jean-Marc Bustamante ou Jessica Stockholder).



