20:30
SÉS- Diante un Eco

SÉS- Diante un Eco

Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada por derívaa sociopolítica dos nosos días.

Diante un eco é ademais, para Sés, unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural . Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e debedora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

SÉS, acompañada de toda a súa banda, volverá pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, do estado español e de Latinoamérica, para presentar en directo este novo disco
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android