20:30
Sin datos non hai paraíso

Sin datos non hai paraíso

Catro estrella da comedia en redes sociais xúntanse para presentar en exclusiva mundial o seu primeiro espectáculo de comedia en vivo. O Cellas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño e Animalize21 xuntan entre os catro máis de 19 millóns de seguidores. Se todos os seus followers decidisen vir ver o show, a cola chegaría ata Sebastopol, así que non o deixes para o último día. Cada un deles, por separado, son referentes en Instagram, en Youtube ou en Tiktok e agora temos a ocasión de ver aos catro en vivo sobre un escenario.

Sen datos non hai paraíso the laif expiriens é un show teatral con forma de programa de televisión no que se mesturan as linguaxes de Youtube, Instagram e Tiktok. O Cellas ten, por primeira vez, a súa propio Latexa Night, o seu propio show, e alí visitarano unha impredicible fauna de invitados que tratarán de sorprendelo con sketches, monólogos, vídeos, dobraxes e cancións. Todo en vivo, todo en directo e todo no Teatro Colón da Coruña, dentro do EMHU.

Trátase dunha festa na que Car de Lorenzo, O Cellas, Xurxo Carreño e Animalize21 son os anfitrións, unha festa para atoparse con todos os seus seguidores. Un encontro no que pode pasar calquera cousa porque unha festa de verdade ha de ser como o Quixote, que todo o mundo sabe como empeza, pero ninguén como acaba.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android