NO FÍO DAS HISTORIAS (ALENTÍA TEATRO) Xoves 15 de decembro | 17:00h | CEIP A PONTE (LUGO) Comedia. Público familiar. Autoría: Alentía Teatro. Dirección: Afonso García Pernas. Duración: 60 min. Sinopse: Desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, preséntanse varias historias que invitan a reflexionar con humor sobre o ecoloxismo, a diversidade, a tolerancia… Personaxes disparatados como a raíña Mirona, o monstro do lixo, o pallaso despistado… buscarán sacar a gargallada do patio de butacas. O público só ten que deixarse envolver por un espectáculo cargado de fantasía e moita luz.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar