19:00
FRÁXILES (REBULDEIRA TEATRO)

FRÁXILES (REBULDEIRA TEATRO)

FRÁXILES (REBULDEIRA TEATRO)
Sábado 17 de decembro | 19:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL LOURENZO (O VALADOURO)

Traxicomedia. Maiores de 14 anos.
Autoría: Adaptación libre de “Delicadas” de Alfredo Sanzol. 
Dirección: Lorena do Val.
Duración: 80 min.

Sinopse:
Unha historia de historias, ás veces non tan fráxiles nin delicadas. Construída  con fragmentos, anacos e con elementos aparentemente alleos, pero que conforman un universo, no que de súpeto resucita una roseira morta. 
Unha costureira pega un crucifixo á parede con cemento para que os milicianos non o retiren. Unhas irmás despídense do seu irmán que vai á guerra. Unha pintora tenta con toda a súa alma vender un cadro. Unha muller 
necesita a axuda heroica dos seus veciños para matar un rato. Dous  comerciantes de gando descobren que a súa axudante considera que son perigosamente intelectuais. Un percusionista dunha banda militar ofrece un concerto de pratos. Un soldado envía un amigo fotógrafo á casa da súa moza para fotografiala espida. Unha avoa cóntalle a súa neta a historia de Santa Casilda, que converteu as rosas en pan. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android