N/D
Xornada sobre trata de mulleres con fins de explotación sexual

Xornada sobre trata de mulleres con fins de explotación sexual

Xornada sobre trata de mulleres con fins de explotación sexual

Celebrarase o 23 de setembro, coincidindo co Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas.

A xornada será no Salón de actos da Facultade da Formación do Profesorado, das 10.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Profesionais de distintas entidades dedicadas á atención de mulleres vítimas de violencias machistas, trata e explotación sexual falarán do traballo que realizan neste ámbito, así como os protocolos e os sistemas dispoñibles para atender ás vítimas.

A xornada arrincará ás 10.00 horas cun acto de inauguración no que estará presente a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Delegada do Reitor da USC para a Igualdade, Marta Pérez e a Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, quen será a encargada de moderar a primeira mesa redonda: “Trata, explotación sexual e dereitos humanos”.

Nesta mesa participará a profesora da USC (Facultade de Humanidades), Beatriz Fernández, a coordinadora do “Programa de atención a mulleres vítimas de violencia, trata ou explotación sexual” de Cáritas de Lugo, Cristina García e unha representante do Foro Feminista de Lugo.

Tras unha pequena pausa, terá lugar a segunda mesa redonda: “Trata e prostitución en Lugo: a atención ás vítimas”, coordinada polo avogado de Aliad-Ultreira, Gerardo Pardo de Vera. Aquí daranse cita a traballadora social do “Programa de atención a mulleres vítimas de violencia, trata ou explotación sexual” de Cáritas de Lugo, Cristina Reguera, a psicopedagoga e educadora social do “Programa de atención integral á muller” de Cruz Vermella Lugo, Elena López, a coordinadora do programa de atención a mulleres vítimas de violencias machistas de Aliad-Ultreia, Ana Barba e a psicóloga da Asociación Concepción Arenal, Raquel Lombao.

Xa en xornada de tarde, dende as 17.00 horas, proxectarase o documental Putadaguapa, un proxecto audiovisual protagonizado por estudantes entre 16 e 18 anos que falan, sen tabús, de temas que van dende a trata de seres humanos ata a súa relación co porno e a necesidade dunha mellor educación afectivo-sexual nos centros educativos.

Seguidamente a secretaria xeral de Cáritas Lugo, Mónica Yáñez, moderará a terceira e última mesa redonda da xornada: “Cara un final da trata e a explotación sexual das mulleres”, na que participará o responsable territorial en ACCEM Galicia, Daniel Bóveda, a axente de igualdade de Aliad-Ultreia, Mónica Gónzález e a presidenta da Asociación Bonhomía, Fany Sánchez.

O acto de clausura poñerá o broche de ouro a esta cita, que nace con vocación de permanecer no tempo.

Fuente: https://vivalugo.es/evento/xornada-sobre-trata-de-mulleres-con-fins-de-explotacion-sexual/

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android