12:30
Golulá

Golulá

Elenco: Raquel Queizás / María Roja / Chisco Casteleiro / Marcos Correa / Ivan Oubiña / Suso Fernández.

Obra multipremiada a nivel nacional e emblemática do selo característico de Galitoon, caracterizado por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.

Premio ao Mellor espectáculo Infantil na 10ª Feria de Teatro de Castilla y León / Espectáculo mellor valorado na 9ª edición Domingos do Principal (Pontevedra) / Premio ao mellor espectáculo Innovador na 24ª MIT de Ribadavia.

Espectáculo de técnica mixta na que se mesturan o teatro de actor con body puppets (monicreques xigantes), muppets (monicreques de medio porte) e teatro de luz negra para crear unha historia cuxa trama e ritmo son os propios dos contos clásicos de aventuras.

Conta a historia de Lara, unha nena vaidosa, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo encargado de coidar á única nube que hai en Golulá. Un día, o malvado Doutor Terrier decide roubar a nube, obrigando Lara e Bunka a facer unha viaxe chea de perigos e personaxes fantásticas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android