19:00
Adrián Vigo Banda

Adrián Vigo Banda

Adrián Vigo presenta o seu segundo disco, baixo o título de "Reflexos", reunindo 12 cancións vestidas coas mellores galas. Se ben o primeiro disco "Profunda amizade" era unha gravación artesanal e mimada, en "Reflexos" vemos un compositor maduro cunha produción de primeiro nivel. Atopámonos cunha variedad musical diícil de ver nestes tempos: dende o pop máis comercial ata os sons latinos, coqueteando polo camiño coa canción galega, o rock, ou a música de raíz... sen perder a esencia baladística. As letras devólvennos ó romaticismo da Nova Canción francesa ou italiana, pero tamén hai momentos introspectivos sobre a amizade, a superación persoal ou o amor á terriña. Gravado en estudios A Palleira (O Incio, Lugo) baixo a produción de Xabier Vizcaíno e David Taboada, "Reflexo" será, sen dúbida, e a pasar do parón da pandemia o paso definitivo da carreira deste begontino.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android