11:30
Corochas | Punto de Atención á Infancia (Friol)

Corochas | Punto de Atención á Infancia (Friol)

Corochas | Punto de Atención á Infancia (Friol)

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia, que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, a canción ou o xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos a personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlle ás corochas? Será que a sensación en cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de poñerlle un único nome? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña...
Os contos ás veces son coma as corochas e fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lle prestamos
atención.

Neste espectáculo coñeceremos a Roi, o oso que quedou con algo que non lle pertencía, ou á elefanta Dorinda que dun tempo a esta parte colleu por costume entrar nun lugar onde non é ben recibida, desatando o pánico entre a xente toda. Se queredes coñecer a estas e outras personaxes acompañádenos neste percorrido.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android