21:00
Coro Encaixe en concierto

Coro Encaixe en concierto

"Somos Encaixe, unha potaxe musical nacida das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñemos esta formación vocal".

Toda esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país, facendo versións vocais de grupos como Marful, Dhais ou Berrogüetto, aínda que tamén teñen un amplo repertorio de temas moi coñecidos de todos os estilos e todas as épocas.

Foron os gañadores do concurso da TVG "Oh Happy Day", no que reforzaron máis aínda as bases do que hoxe é o coro para eles: "un lugar onde todos encaixamos, onde gozamos da música e onde poder ir libremente descalzos".

No 2017 foron tamén finalistas dos Premios Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música vocal.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android