10:00 hasta las 20:00
Feira do Lázaro

Feira do Lázaro

Durante os días 2 e 3 de abril – en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h- haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, sorteos, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Olaría, cestería, coiro, traballo en porcelana, cerámica decorativa, xoguetes de madeira, xoiaría de prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, cerámica, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, embutidos, queixos, doces, mel, patés, viños, crepes, anchoas, pan, licores, aceite, pulpo ou garrapiñadas serán algúns dos sectores e produtos que nos poderemos encontrar na feira.
Ao igual que nas pasadas edicións, a D.O Monterrei estará presente co seu Túnel do Viño.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android