10:00 hasta las 20:00
Álbum de familia

Álbum de familia

Como se dun cluedo se tratase, teremos que adiviñar quen matou a Xusto Hermelo. Pero, quen era este
home, cando e onde viviu, por que foi asasinado. As fotografías darannos a clave.
A través do xogo entenderemos a importancia da fotografía, non só como elemento artístico, senón
tamén documental. Mediante a súa manipulación e análise seremos quen de coñecer grandes segredos.
A actividade constará de:
- Introdución á arte da fotografía coa visita á exposición temporal “Ancestros tecnolóxicos” na parte dedicada ás cámaras fotográficas e a súa evolución
- Xogo de descubrimento e investigación no que fotografías e museo serán os fíos condutores.

Datas: do 1 ao 31 de xullo.
Duración: 60 minutos.
Dirixido a: grupos de 12 a 16 anos .

1 EURO POR PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android