22:30
O gran camiño

O gran camiño

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de cineastas que decide cargar as súas cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camino Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha desculpa para unha viaxe máis profunda na procura da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o retorno a un mesmo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android