17:30
Os Monifates no camiño

Os Monifates no camiño

Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de amosar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal. Nas súas viaxes fóronse sumando os máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), integrando así música e monicreques nun espectáculo pensado para toda a familia, marabillándonos coas historias das súas personaxes. Esta singular troupe, formada por Bartolo o pandereteiro, o porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco e os Barbanzóns, pono baile nun improvisado escenario para goce e divertimento do público asistente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android