22:00
Zålomon Grass
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Concibida como unha narración de tinguiduras oníricos e centrada na distorsión do tecido espazo-tempo; “ Three Hundred Years” supón a culminación dun ano de traballo. O filme está dispoñible na maioría das principais plataformas de contido audiovisual e a súa banda sonora terá formato físico nun exclusivo vinilo de 10 polgadas a 45 rpm de edición limitada. A banda sonora orixinal creada para a película do mesmo título, parte dun guión e unha historia orixinal escritos por Gabriel Mckenzie. A música orixinal, en cambio, está gravada, mesturada e masterizada nos Rodd Estudos de Vigo (Galiza, España) por David Rodd coa asistencia puntual de Yago Guirado. A épica de Led Zeppelin está aí, como tamén o retumbar paranoide e lisérgico dos tambores de Black Sabbath ou os aullidos exóticos da guitarra de Hendrix. David Rodd, Mauro Comesaña e Gabriel Mckenzie; tres músicos coa cabeza envolta en nubes de fume multicolor pero cunha idea ben clara: achegar sangue novo a un legado imperecedoiro.



