21:00
Shoda Monkas

Shoda Monkas

Gabriel Díaz, máis coñecido como Shoda Monkas, é un novo artista de 26 anos nado en Albacete, Murcia. Involucrado desde sempre na cultura urbana, do hip hop e o rap, leva subido nos escenarios desde que tiña 15 anos, primeiro co seu grupo «Monkas Cru» e logo en solitario. Está a facerse un oco no mundo da música urbana tanto nacional como internacionalmente, e caracterízase pola frescura que lle achega ao xénero, cun estilo resultado dunha mestura entre a elegancia e a chulería, como el mesmo define.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android