19:00
Museo Encantado
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total seguridade e sen aglomeracións.
Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.
- Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.
- Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono.
- Un fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI, viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través de unha pantalla.
- Un antigo confesionario de igrexa, onde nada é o que parece e non está quen debera, a quen lle regalaremos unha confesión que nunca pensamos que faríamos.
Ente cada instalación máxica poderemos desfrutar de pequenas pezas ou ilusións de maxia que nos transportarán ou darán a clave para seguir desfrutando do momento. Guiará o noso camiño un curioso comisario da exposición, a alma que xuntou todos estes encantos para o noso deleite.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155685



