Casa da Cultura e Biblioteca Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11 - O Grove Ver web
Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: Pinocho, Pan de millo, O piollo e a pulga, Unha vella tiña un can, Que cousa, cousiña é? e Miña Abuela Manuela. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.
Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, os xogos, as cancións e a cultura tradicional; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a alimentación sa ou a colaboración fronte á competición.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155665
Rúa Monte da Vila, 11 - O Grove Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar