12:00
Ser diferente mola
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
Quen dixo que ser diferente é algo malo?
En Ser Diferente Mola, a maxia convértese nunha experiencia emocionante, divertida e chea de sorpresas que demostran que o que nos fai únicos… é precisamente o que nos fai especiais.
Este espectáculo combina maxia impactante, humor e participación do público para crear un show dinámico onde todo pode pasar. Cartas que aparecen onde menos o esperas, obxectos que desafían a lóxica e momentos imposibles que farán que nenos e adultos se pregunten: “Como fixo iso?”
Pero Ser Diferente Mola é máis ca un espectáculo de maxia. É unha viaxe onde o público descobre que cada persoa ten algo único que achegar ao mundo.
Maxia sorprendente
Humor para toda a familia
Moita interacción co público
Unha mensaxe positiva que non se esquece
Porque neste show hai unha regra moi clara: ser diferente… mola.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155490



