20:00 hasta las 20:00
Os meus camiños
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
O venres, 19 de xuño, abrirase ao público no Museo Ramón Mª Aller a exposición “Os meus camiños. Amor, arte e decadencia”, do artista estradense Ramiro Cimadevila Cea, unha mostra que poderá visitarse ata o 17 de agosto.
A exposición de Cimadevila reúne máis de vinte obras pictóricas, unha serie en constante crecemento que dialoga cos camiños peregrinos cara Compostela e, ao mesmo tempo, cos camiños vitais e creativos do propio autor. En cada itinerancia incorpórase unha pintura inédita, facendo que o proxecto evolucione e se renove en cada nova sede.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155272



