18:00
Louband

Louband

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017. O seu estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán: ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todas as versións están arranxadas dando protagonismo ás voces e os ventos da formación. Do repertorio en galego destacan versións como O Tren de Andrés do Barro, Quen puidera Namorala de Luis Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus. No repertorio en castelán conflúen numerosos estilos entre a cumbia, o pop dos 80's e 90's e o rock máis exitoso.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155153
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android