00:00
46 Romaxe de Penas de Rodas 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
A Romaxe de Penas de Rodas, se celebrará o 28 de xuño neste espazo natural do concello de Outeiro de Rei da man da Asociación Penas de Rodas e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Artesanía, xogos tradicionais e música protagonizan a xornada, que contribúe a poñer en valor o traballo tradicional e promocionar o produto local nun lugar de gran valor natural e simbólico.
O músico, mestre de música e baile tradicional e artesán Lis Latas será o encargado de dar o pregón Romaxe, que chega este ano a edición numero 46 e que xurdiu da vontade da veciñanza de conservar e poñer en valor a área recreativa.
Programa
11.00 horas. Partido de fútbol no campo do Penedo
11.30 horas Exhibición aberta do Xogo da Billarda
12.00 horas. Apertura da VI Feira de Artesanía e de produtos da Terra
13.00 horas. Pregón a cargo de Lis Latas (música, artesán de gaitas e
mestre de música e danza tradicional)
13.3 horas. Vermú co grupo Son de Lugh
14.30 horas. Xantar campestre
16:00 horas. Xogos populares da man de Xotramu
17:00 horas. II Aberto de Billarda Penas de Rodas no campo do Penedo
17:00 horas. Grupo de Teatro Penas de Rodas
18:15 horas. Actuación do grupo Panosedán
19:45 horas. Peche da VI Feira de Artesanía e Produtos da Terra. Entrega
de trofeos e Sorteo de Cesta de Produtos e Cesta Infantil.



