N/D
Estrea de “Grazas, aquí estou ben” na Picota

Estrea de “Grazas, aquí estou ben” na Picota

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

O 7 de xuño ás 19:00 h, o Auditorio da Casa de Cultura da Picota acollerá a estrea de “Grazas, aquí estou ben”, a nova obra do grupo de teatro TROULA. Será unha cita especial para gozar do teatro feito desde o rural, con talento local, humor e unha mirada moi próxima á vida da nosa comunidade.

TROULA naceu dos obradoiros municipais de teatro impartidos por Arantza Villar, unha experiencia que foi medrando ata converterse nun grupo estable, comprometido coa cultura de proximidade e coa creación escénica feita desde aquí. Nesta nova peza, o grupo dá un paso máis cunha proposta chea de retranca, emoción e escenas nas que moita xente poderá recoñecerse.

Tras catro meses de ensaios e co apoio de Fósforo Arte e Cultura, catorce intérpretes subirán ao escenario para presentar unha obra que fala da vida cotiá, da xente de aquí e das pequenas grandes inquedanzas que nos acompañan. Unha estrea para rir, compartir e celebrar que, ás veces, estar ben tamén é saber estar no lugar ao que pertencemos.

Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/estrea-de-grazas-aqui-estou-ben-na-picota

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android