00:00
V Congreso Arredor da Memoria LGBTIQA+ en Galiza

V Congreso Arredor da Memoria LGBTIQA+ en Galiza

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
🏳️‍🌈 A memoria tamén é unha forma de resistencia. O Congreso Memoria Diversa celebra a súa quinta edición o vindeiro 6 de xuño no espazo Normal da UDC cun programa centrado na relación entre a Igrexa, o control social e as disidencias de sexo e xénero durante a Ditadura e a Transición.

📚 Investigadoras, activistas, escritoras e representantes do movemento LGBTIQ+ participarán nun encontro que abordará cuestións como o Padroado de Protección á Muller, os arquivos da memoria LGBTIQ+, as primeiras loitas do activismo galego, as terapias de conversión ou a recuperación da memoria homosexual a través da literatura e da investigación histórica.

🎤 O programa contará con voces como Guillermina Domínguez, Fernando Olmeda, Andrea Momoitio, Lucía Aldao ou Silvia Fernández Quinteiro, entre outras, nunha xornada que combinará pensamento crítico, memoria democrática e creación cultural. Ademais, poderá seguirse tamén en streaming a través da canle de YouTube da Deputación da Coruña.

🗓️ Sábado, 6 de xuño
🕘 A partir das 9:30 horas
📍 Espazo Normal da UDC (Paseo de Ronda, 47, A Coruña) 

🎟️ Entrada libre até completar a cabida
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android