N/D
O Parque do Pasatempo convértese no epicentro musical coa primeira edición do ‘Betaverso Festival’
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
O Parque do Pasatempo acollerá o sábado 6 de xuño a primeira edición do Betaverso Festival, unha nova proposta musical e cultural promovida polo Concello de Betanzos a través da Concellería de Xuventude. O evento contará con entrada gratuíta e nace coa intención de converterse nun punto de encontro para a mocidade e para todas aquelas persoas que desexen gozar dunha xornada de música, ocio e convivencia nun espazo emblemático da cidade. Nas próximas semanas daranse a coñecer as actuacións participantes, así como o resto de actividades e detalles da programación. Desde a organización animan á veciñanza e visitantes a permanecer atentos e atentas ás redes sociais municipais para coñecer todas as novidades sobre o festival. O Concello de Betanzos continúa así apostando por iniciativas culturais e de lecer dirixidas á mocidade, impulsando eventos innovadores e dinamizadores no municipio.
Fuente: https://novas.betanzos.es/evento/betanzos-celebrara-o-6-de-xuno-a-primeira-edicion-do-betaverso-festival-no-parque-do-pasatempo/


