20:00 hasta las 21:00
"Retablo do Esperpento", por Noitebras Teatro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Gratis
Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argallan para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da xoven. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.
Noitebras Teatro adéntrase no universo de Valle-Inclán e adapta dúas das súas obras: “Ligazón” e “Rosa de Papel”, incluidas no “Retablo da Luxuria, a Avaricia e a Morte”, fundíndoas nunha única peza teatral: “Retablo do Esperpento”.


