19:00
A CHUNGATRONA - PETER PUNK PALLASO

A CHUNGATRONA - PETER PUNK PALLASO

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Neste espectáculo Peter Punk crea un conxunto de rutinas que confirma a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso. Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo, a destreza dunha voluntaria con tres aros e un vaciador de ideas. E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que... algún incauto resulte totalmente mollado e coa cara cuberta de tarta. Todo isto para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores

Compañía/Artista: PETER PUNK PALLASO
Tipo de espectáculo: TEATRO - Circo e acrobacias
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Video

Fuente: https://redecultural.gal/events/a-chungatrona-2/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android