19:30
ROGELIO 3. LA FÊTE - ASSIRCÓPATAS

ROGELIO 3. LA FÊTE - ASSIRCÓPATAS

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a última entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo? Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares e música e sobre todo moito humor.Rogelio III. La fête é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Espectáculo finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.

Compañía/Artista: ASSIRCÓPATAS
Tipo de espectáculo: TEATRO - Circo e acrobacias
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web

Fuente: https://redecultural.gal/events/rogelio-3-la-fete-3/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android