11:00
Asacocirco show - Asacocirco

Asacocirco show - Asacocirco

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Un espectáculo para todos os públicos que nace da loucura e da idiotez dos seus protagonistas. Mirroska e Juanito, son os dous clowns deste divertido mini circo.Mirroska, explosiva e provocadora nata, fai da ironía o seu medio de expresión. Juanito, este neno grande, é un cóctel de técnica e humor. Da fusión destes dous pallasos co público créase a maxia do teatro de rúa, con gargalladas aseguradas.Combinan humor e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica, ritmo e poucas palabras.Un xogo cómico no que o espectador se sentirá moi implicado e no que sempre hai lugar para a sorpresa.

Compañía/Artista: Asacocirco
Tipo de espectáculo: TEATRO - Circo e acrobacias
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web

Fuente: https://redecultural.gal/events/asacocirco-show-3/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android