18:00
AIELÉ. DE COLO EN COLO, DE CANCIÓN EN CANCIÓN (FORMATO dúo) - GOLFIÑOS
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Aielé. De colo en colo e de canción en canción é un encontro musical agarimoso para nenas e nenos de 2 a 7 anos e as súas familias. Unha viaxe musical chea de pequenas emocións onde a música, o xogo e a palabra van da man para crear un tempo compartido entre as familias.Aielé é unha caricia musical, un intre de calma e alegría. Un espectáculo para cantar, rir e sentir, onde as familias descobren novas maneiras de xogar coa música e levar para casa unha maleta imaxinaria chea de melodías, xogos e sorrisos para seguir compartindo na casa.
Compañía/Artista: GOLFIÑOS
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Música
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena
Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/aiele-de-colo-en-colo-de-cancion-en-cancion-formato-duo/



