18:00
ABRIL, MES DO LIBRO E A LECTURA: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL 'A REBELIÓN DA LECTURA'

ABRIL, MES DO LIBRO E A LECTURA: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "A REBELIÓN DA LECTURA"

Un audiovisual producido por Espazo de Lectura sobre a dimensión humana do fomento da lectura. Un percorrido polos vinte anos desta organización que se converteu converteu nun insólito referente do activismo cidadá a favor do libro e a lectura.

Espazo Lectura é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a lectura en lingua galega. Mediante voluntariado, desenvolve ao longo do ano actividades para todas as idades: dende bebés a adultos (Noite na Biblioteca, Contomar, Lendo Contigo, Contos en Cueiros, Lecturas Debuxadas...).

No ano 2026 vanse cumprir 20 anos do Contomar, a primeira actividade de Espazo Lectura, e para celebralo estamos preparando unha longametraxe documental sobre a historia da asociación, que recolla todos estes anos de traballo e ilusión: A rebelión da lectura.

DATA: 7 de maio
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Ao final da proxección, coloquio con Asun G. Losada e Alma Alonso (directoras)

Entra libre ata completar a capacidade da sala.

Actividade co patrocinio da Deputación da Coruña. Incluída na programación "Abril, mes do libro e a lectura" da BPM de Brión.

Fuente: https://www.concellodebrion.gal/index.php/gl/abril-mes-do-libro-e-lectura-proxeccion-do-documental-rebelion-da-lectura
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android