20:00
Concerto | *LIED THE FUTURE*

Concerto | *LIED THE FUTURE*

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
🗓Mércores, 29 de abril - Círculo de las Artes de Lugo - 20:00 h
*LIED THE FUTURE*
Belén García Burgos, soprano / Esther Vilar, piano
Liederkries
Lieder de R. Schumann, F. Mompou, M. Salvador, M. Ortega, J. Turina e H. Wolf
---------
*Venda de entradas na taquilla do Círculo das Artes*
+ info: www.filarmonicadelugo.com 
Pódense reservar entradas en filarmonicadelugo@gmail.com 
Cultura e Turismo de Lugo    
Vicepresidencia. Deputación de Lugo    
Caixa Rural Galega 
______
*Lied The Future*
 Lied the Future é un programa de apoio a xoves talentos internacionais dentro do ámbito da canción poética. Esta iniciativa combina o traballo pedagóxico coa actividade concertística, actuando como unha plataforma de impulso para os xoves artistas bolseiros e como ferramenta de inserción profesional. 
Lied the Future está organizado pola Associació Franz Schubert, co apoio da Fundació Banc Sabadell e a Fundació Ferrer de Música.
*Reflexos dun ciclo*
Este programa de hoxe propón un diálogo entre dous Liederkreis: dous ciclos de cancións que exploran, dende diferentes ángulos, a linguaxe, algunhas das inquietudes transversais da experiencia humana.
Na primeira parte abórdase o Liederkreis op. 39 de Robert Schumann, unha obra profundamente romántica que, a través dos poemas de Joseph von Eichendorff, transita temas como a soidade, o anhelo, a paisaxe como espello da alma e a experiencia subxectiva da realidade.
A segunda parte é un Liederkreis polifónico, á vez que persoal, confeccionado polas intérpretes a partir de cancións de distintos compositores, épocas e idiomas. Aínda que estas obras proveñen de contextos diversos, están unidas por afinidades temáticas co ciclo de Schumann: a busca de sentido, a melancolía, a contemplación do mundo dende unha mirada interior.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android