N/D
Marea Viva será gaélica no Hotel Bela Fisterra

Marea Viva será gaélica no Hotel Bela Fisterra

O proxecto Marea Viva do Hotel Bela Fisterra dá un novo paso na súa traxectoria coa chegada do poeta irlandés Paddy Bushe, que se converte no novo padriño desta habitación creativa e itinerante. Este espazo singular, pensado como lugar de creación contemporánea, segue medrando como punto de encontro entre a arte, a literatura e o mar, mantendo vivo un diálogo constante coa Costa da Morte e coa identidade atlántica que a define.

Paddy Bushe recolle así o relevo de Marilar Aleixandre, Juan Carlos Mestre e Yolanda Castaño, nunha edición marcada polo vínculo entre Galicia e Irlanda. O poeta, que xa se atopa aloxado en Bela Fisterra desde o 3 de abril e percorrendo a Costa da Morte, volverá conectar coa paisaxe e coa inspiración que xa deron lugar no 2025 ao poema Bela Fisterra, escrito en inglés e gaélico. A tradución corre a cargo de Antonio de Toro, que estará acompañado por David Clark e Miguel Giráldez, do Instituto Universitario Amergin, Irish Studies – UDC, responsables tamén da tradución simultánea.

O acto celebrarase o sábado 11 de abril ás 12:30 horas en Bela Fisterra, nun encontro no que se escenificará a entrega da testemuña entre Marilar Aleixandre e Paddy Bushe. Participarán tamén Modesto Fraga, David Clark e Miguel Giráldez, e haberá recitados de distintas voces da poesía e da cultura galega. Ás 13:30 horas presentarase o videopoema Bela Fisterra, dirixido por Juan Lesta, que tamén asina a peza visual e a imaxe do poema que tematizará o cuarto Marea Viva. A cita contará ademais coa animación musical de Os Sib do Solpor, reforzando o carácter artístico e atlántico desta experiencia única en Fisterra.

Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/marea-viva-sera-gaelica-no-hotel-bela-fisterra

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android