N/D
BTT Carnota 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Se che gusta a montaña e a bici, vai tomando nota: a BTT Carnota 2026 celebrarase o venres 3 de abril, cunha saída prevista ás 09:30 h dende o pavillón municipal de Carnota. Unha xornada para gozar de percorridos espectaculares, bo ambiente e deporte en estado puro.
Haberá dúas rutas circulares (saída e chegada no pavillón): ruta longa de aprox. 39 km e +1250 m, e ruta curta de aprox. 22 km e +850 m. A recollida de dorsais será no propio pavillón dende as 08:00 h ata 15 minutos antes do inicio.
As inscricións están abertas en https://cronotec.es/ ata o luns 30 de marzo ás 12:00 h, cun custo de 10 € por participante. Para menores, é obrigatoria autorización paterna (dispoñible en cronotec.es, carnota.gal ou no Departamento de Deportes). Como novidade, haberá premios ao primeiro e á primeira en categoría e-bike, e tamén actividade para os máis pequenos coa V Xincana de Bicicletas Infantil no pavillón de 10:30 a 13:00 h (imprescindible traer bicicleta e casco).
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/btt-carnota-2026


