USC Universidade de Santiago de Compostela
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) será o protagonista da Nerd Nite de marzo, que se desenvolverá o xoves 26, ás 20.30 horas, na Nave de Vidán. Nesta ocasión as persoas relatoras serán persoal investigador deste centro da USC: Diego Peña Gil, Rebeca García Fandiño e Pablo del Pino González de la Higuera.
Diego Peña, director científico do CiQUS, profundará no mundo das moléculas a través do relatorio ‘Teño visto moléculas que vós non creriades..’. Rebeca García, pola súa parte, pronunciará a charla ‘Vivimos nunha simulación? A versión molecular de Matrix’. Finalmente, Pablo del Pino centrarase na nanomedicina no relatorio ‘As tres leis do nanorrobot: de Asimov á nanomedicina real’.
As Nerd Nites comenzaron a ter lugar en Boston en 2003 e, na actualidade, desenvólvense en máis de 100 cidades de todo o mundo. A idea é reunir tres ou catro nerds nun local de lecer nocturno para falar durante 15 minutos cada un sobre temas científicos baixo un enfoque divertido, para logo abrir un coloquio aberto e distendido. Compostela foi a primeira cidade española en adherirse ao programa. No caso de Santiago, o boss-coordinador é o catedrático da USC e divulgador científico, Jorge Mira Pérez.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/nerd-nite-2
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar