Mulleres para pensar, ideas para defender 02 - 20 de Marzo 2026, 9:00 - 21:00 Imaxe Biblioteca Pública de Lugo Lugo Foro Feminista de Lugo As aportacións das mulleres á historia da humanidade e á construción da igualdade e a defensa dos dereitos humanos foi, e segue a ser, descoñecida. O feminismo é un movemento social e unha filosofía política humanista que conta con máis de 3 séculos de existencia. Porén as filósofas e activistas que posibilitaron coa súa loita á construción de sociedades máis xustas son practicamente descoñecidas. Preténdese, con esta exposición, achegar á cidadanía lucense unha exposición que recolla mulleres pensadoras e activistas pola igualdade no camiño necesario do coñecemento e do recoñecemento. Conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Lugar: Sala de exposicións da biblioteca, área de acollida. Presentación o día 2 de marzo ás 19:30 h.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar