00:00
DAVID REGUEIRO TRIO ft. THOMAS KRETZSCHMAR (Vigo, Gijón, Compostela)
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
En marzo estaremos de xira por Galiza e Asturias
.
12 marzo – DAVID REGUEIRO TRIO ft. THOMAS KRETZSCHMAR -VITRUVIA (Vigo)
13 marzo – DAVID REGUEIRO TRIO ft. THOMAS KRETZSCHMAR - MEIDINERZ JAZZ CLUB (Gijón)
14 marzo – DAVID REGUEIRO TRIO ft. THOMAS KRETZSCHMAR - CASA DAS CRECHAS (Compostela)
15 marzo – DAVID REGUEIRO TRIO ft. THOMAS KRETZSCHMAR - O ESTUDIO (Sesión vermú - Vigo)
.
David Regueiro e Thomas Kretzschmar, mestres do gypsy jazz, presentan a súa nova colaboración en 2026.
O guitarrista galego David Regueiro, recoñecido como unha das figuras máis destacadas do gypsy jazz na Península Ibérica, une o seu talento ao do aclamado violinista francés Thomas Kretzschmar para un proxecto que presentará o seu novo material en 2026.
.
Tras compartir escenario en prestixiosos festivais en Francia e experimentar unha conexión artística única, ambos músicos decidiron consolidar esta colaboración con dúas novas composicións orixinais que viron a luz en 2025 e que se sumarán a outras novas para a configuración dun traballo discográfico.
O proxecto promete unha viaxe musical na que o público poderá mergullarse na maxia emocional e virtuosa do mellor jazz manouche. Os dous mestres estarán acompañados por destacados músicos: o guitarrista lisboeta Gonçalo Mendonça e o contrabaixista galego Juyma Estévez, completando un cuarteto de primeiro nivel.
Unha experiencia inesquecible para as persoas seguidoras do jazz e do swing.
.
https://youtu.be/lKr6cG51aYE
.
Thomas Kretzschmar: violín
David Regueiro: guitarra
Gonçalo Mendonça: guitarra
Juyma Estévez: contrabaixoENTRADAS
.
Vitruvia: 645.996.690
.
Casa das Crechas: https://www.enterticket.es/eventos/david-regueiro-trio-feat-thomas-kretzschmar-na-casa-das-crechas-979272
.
O Estudio: 649.106.050
BIOGRAFÍAS
.
DAVID REGUEIRO
.
Gañador do «PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2023» na «Categoría JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS» (premio ao mellor proxecto de jazz de Galicia), David Regueiro, con máis de quince discos editados, é un dos guitarristas de gypsy jazz máis destacados da Península Ibérica.
Co seu trío presentou en 2020 «Areal», un álbum formado por nove composicións propias situado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío achega unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
No 2023 presenta “PERFECT MATCH!”, o seu novo disco composto por composicións e arranxos orixinais, co seu trío e o violinista ALEXANDRE CAVALIERE. Este traballo amosa a madurez compositiva de Regueiro e unha voz propia e marcadamente orixinal dentro do jazz manouche.
En 2025 presenta dúas novas composicións co seu trío e o magnífico violinista francés THOMAS KRETZSCHMAR, co que ten proxectado gravar un novo traballo discográfico.
David Regueiro realizou estudos de Guitarra, Educación Musical, Historia e Ciencias da Música en diferentes conservatorios (Ourense, Salamanca e A Coruña) e universidades (Complutense de Madrid, Salamanca e Royal Holloway de Londres).
Tocou en Portugal, Alemaña, Reino Unido, Francia e Holanda, ademais de nas salas e festivais máis importantes do Estado español.
.
THOMAS KRETZSCHMAR
.
Naceu en Nîmes no ano 1974. Estudou violín clásico no conservatorio antes de orientarse cara á aprendizaxe do vocabulario do jazz e a improvisación.
Compartiu escenario e gravou con músicos de gran prestixio como Stochelo Rosenberg, Bireli Lagrène, Angelo Debarre, Tchavolo Schmitt ou Peter Verts, entre moitos outros.
Publicou dous discos como líder e participou en numerosas gravacións de diferentes estilos musicais. Dende hai varios anos, imparte obradoiros e clases maxistrais dedicados ao violín jazz.



