20:30
As muletas + Quizáis un home!
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
O filme As muletas, como o seu título, é unha homenaxe a un poema do dramaturgo alemán de entreguerras Bertolt Brecht, no que expresa a dificultade da vida se precisas dunhas muletas para recorrela e a importancia de desfacerse delas. Os e as protagonistas desta historia están dotados desas “muletas” e non saben como desfacerse delas. A curtametraxe expresa a desolación de quen non pode vivir sen esas próteses e como o esforzo por liberarse delas pode acabar coa túa propia vida.
A fita rodouse en 1968 e os rolos de celuloide de 8mm quedaron gardados ata 2023, cando se recuperan, dixitalízanse e edítase de novo a película.
Na sesión inclúese ademais a peza Quizáis un home!, dirixida tamén por Eduardo Alonso e protagonizada por un actor da compañía Tespis.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153710



