21:00
TIRULEKE + MEDIAREA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
Apertura de puertas 21h.
Comienzo 21:30h
GARUFA CLUB
Entradas en:
https://entradium.com/events/concerto-tiruleque-mediareaTIRULEQUE_ Repichoca
Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma à tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritus novos, que foron quen de trasmitirnos non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de décadas atrás.Tiruleque potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal, mestura a percusión tradicional coa moderna... coa particularidade de ser sempre fiel ao espírito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respeitando o seu sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar como sempre se fixo.
https://www.instagram.com/tiruleque_musica_galega/
https://open.spotify.com/intl-es/album/3bI2CJ8I6MyJ9Kx5Ml1Ake
MEDIAREA presenta "Virando por avante", un disco cun total de 9 composicións propias, onde figuran colaboracións como a de Sabela Galbán, María Prado, Alfonso Malvido e as pandeireteiras 3 pés p´un banco. Músicas inspiradas no mar, na cultura mariñeira, na cultura do viño do país, coas velas trimadas para ventos de cambio mais tamén de loita, poñéndose á capa se é preciso.
Nestes tempos de demasiada música plastificada e homoxeneizada, Mediarea demostra que se pode navegar contracorrente e continuar avanzando a base de gaita, acordeón, voz e percusión. Respectando e renovando a tradición a partes iguais, e removendo a quen os segue vendo aferrados aos seus instrumentos.
https://www.instagram.com/mediarea_musica/?hl=es
https://open.spotify.com/intl-es/album/0AfjqA5b7fK54s8ajt9T9m



