Xa tocaba que Jorge voltase a Lugo, despois de tocar no festival e tamén en sala (no Clavi ) con Doctor Explosion agora toca un formato diferente no Facela Bar : “Las historias detrás de las canciones” Jorge Muñoz Cobo, Jorge Explosion, presenta un espectáculo en solitario íntimo e persoal no que percorre a súa traxectoria vital e musical a través de cancións e relatos reais. Un formato próximo e pouco habitual onde conviven temas novos —algúns adiantando o vindeiro disco de Doctor Explosion— con cancións antigas e outras case nunca interpretadas en directo. O espectáculo constrúese como unha viaxe contada en primeira persoa. Cada canción dá paso a lembranzas e episodios vividos que se encadean sen artificios. O ton combina relato, humor e ironía, pero afástase do concepto clásico de club da comedia: non hai monólogos ensaiados nin distancia, senón historias reais contadas de forma espontánea, tal e como foron. O humor aparece de maneira natural, como parte do propio relato. “Las historias detrás de las canciones” non é un concerto ao uso, senón un espectáculo diferente onde música e palabra se mesturan para contar un percorrido persoal directo e sen imposturas. Ahhhh! Logo a festa continua con pinchada a cargo do propio Jorge que o acompañarán Magic Pat e Jimmy Jimmy!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar