19:30
Cinefórum República Árabe Saharaui Democrática

Cinefórum República Árabe Saharaui Democrática

🍿🎬 Este xoves 26 de febreiro haberá cinefórum especial 50 aniversario da República Árabe Saharauí Democrática.

⏰ Houbo un cambio de hora con respecto ao cartel mensual. Será ás 19:30 !!

🇪🇭 Contaremos coa presenza da Comunidade Saharauí en Galiza.

🎞 O cinefórum iniciarase cunha escolma de extractos de documentais e reportaxes de 34 minutos de duración total sobre o papel de España na entrega do Sáhara Occidental a Marrocos formalizada o 26 de febreiro de 1976 e o contexto no que se constituíu ao día seguinte a República Árabe Saharauí Democrática.

🎥 A seguir proxectaremos 'Gdeim Izik. Crónica de la resistencia saharaui' (1 h 17 min). Descrición:
Do 10 de outubro ao 8 de novembro de 2010 aproximadamente 20.000 saharauís uníronse nun campamento de protesta en Gdeim Izik para facer reclamacións democráticas e de mellora das súas condicións de vida fronte á ocupación de Marrocos no Sáhara Occidental. Os anhelos saharauís convertéronse nun pesadelo cando as autoridades marroquís levaron a cabo un asalto ao campamento e detiveron e someteron a tortura a centos de persoas. 24 saharauís, coñecidos como o grupo de Gdeim Izik, permanecen en prisión desde entón, sentenciados por un tribunal militar a penas que oscilan entre 25 anos e cadea perpetua, sen probas e con confesións asinadas baixo tortura. A historia de Gdeim Izik, que para moitas marca o inicio da Primavera Árabe, é un testemuño da resistencia saharauí fronte á ocupación ilegal de Marrocos, a corrupción e a complicidade internacional.

⏳ Duración total das proxeccións: 1h 51 min
-----
Fotografía do festival FiSahara 2021 sahara
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android