A Comisión de Festas de Pasarela-Calo (coa colaboración do Concello de Vimianzo) prepara unha noite para xuntar mesa e pista no Polideportivo de Vimianzo. Un plan deses que saben a festa de verdade: boa cea, música e ganas de pasalo ben en grupo.
A cita é o sábado 7 de marzo ás 21:30 h. O menú inclúe polbo, carne ó caldeiro con lacón, queixo e larpeira, ademais de auga, refrescos, viño e café, coa Pulpeira Mosquera. Prezo: 35 € (adulto) e 15 € (menores de 10 anos).
A noite estará amenizada por DJ Save e DJ Luciano Macaro. Data límite para mercar: 5 de marzo. Puntos de venda: Descuento Loco, Hamburguesería London, Peluquería Carmen do Ceboleiro (Pasarela), Peluquería Mariluz (Pasarela), Cafetería 6:30, Panadería de Traba, Peluquería Begoña Macías e Estanco Ponte do Porto. Información: 600 805 606 e 687 660 050.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/cea-baile-da-comision-de-festas-de-pasarela-calo-en-vimianzo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar