N/D
Campaña de compostaxe doméstica 2026 en Ponteceso

Campaña de compostaxe doméstica 2026 en Ponteceso

A campaña de compostaxe doméstica 2026 en Ponteceso continúa cunha nova sesión para todas as persoas que queiran aprender a xestionar os restos orgánicos na casa dun xeito sinxelo e útil, converténdoos en abono natural.

A próxima cita será o martes 24 de febreiro ás 18:00 h na Asociación Cultural Monte Branco. Para unirte, só tes que asistir a unha das sesións: poderás levar o teu composteiro de balde e coñecer os pasos básicos para comezar coa compostaxe doméstica.

A inscrición faise en ponteceso.ocaminosostible.gal e para máis información podes chamar ao 647 521 464. Iniciativa con apoio da Xunta de Galicia e financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.

Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/campana-de-compostaxe-domestica-2026-en-ponteceso

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android