N/D
Enterro da Mikaela 2026 en Buño

Enterro da Mikaela 2026 en Buño

O Enterro da Mikaela 2026 en Buño celébrase o sábado 21 de febreiro cunha xornada completa de música, festa e bo ambiente. A cita é no festival de La Mikaela en Buño, cun programa pensado para vivir o Entroido “a lo grande” e compartir unha tarde-noite de directo e DJs.

Ao longo do día haberá sesión vermú, Party Bus durante toda a tarde e festival no recinto. No cartel, destaca a presenza de Dani Moreno “El Gallo” (Los 40), xunto a unha boa lista de DJs: Dany BPM, DJ Charlie, DJ Roy, David Correa, DJ Jossi, Drew Korme, Dani Villa e Brais Pazo.

As entradas están dispoñibles en woutick.com e enterrodamikaela.com. E atención: os buses anunciaranse próximamente.

Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/enterro-da-mikaela-2026-en-buno

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android