17:00
Panos para Non Esquecer en Lugo

Panos para Non Esquecer en Lugo

Bordamos memoria entre Galiza e Arxentina

Este ano cúmprense 5️⃣0️⃣ anos da última ditadura en Arxentina. Dende AGAMA convidámosvos a participar nun exercicio colectivo de lembranza: bordar os nomes das persoas galegas detidas e desaparecidas durante a ditadura, mantendo vivas as súas historias e as súas loitas.

Os panos que bordemos levarémolos á mobilización polo Día da Memoria pola Verdade e a Xustiza, como un xeito colectivo de facelos presentes.

🧉 Encontros en Galicia 🧉

Lugo — Casa María Mariño
📍 Rúa Montefaro 2
🗓 27/02 · 17:00 h

✨ Non fai falla saber bordar nin traer materiais. Nós poñemos os fíos e as agullas; o importante é o encontro e o xesto de facer memoria xuntes.

☕ Merenda compartida.
Traede algo para compartir: queremos crear un espazo cálido de conversa e intercambio… e xa sabedes que nun encontro arxentino non pode faltar o mate, igual que nesta época de Entroido non poden faltar as filloas e as orellas.

Son benvidos termos, mates, yerba… e tamén filloas, irellas ou o que queirades traer para compartir.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android