N/D
ENTROIDO EN MASIDE
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Concello de Maside prepara a súa programación de Entroido coa celebración do tradicional desfile, que terá lugar o luns, 16 de febreiro, a partir das 17,00 horas. Todas aquelas comparsas e grupos interesados en participar no desfile deberán inscribirse previamente. O prazo para anotarse rematará o vindeiro xoves, 12 de febreiro, ás 14,00 horas, e o horario dispoñible é de 9,00 a 14,00 horas, nas oficinas de Servizos Sociais ou por teléfono no número 988.401.108.
As comparsas ou grupos que queiran beneficiarse da subvención por participar deberán inscribirse, ter un número mínimo de 10 compoñentes e presentar os datos dun representante. A inscrición e participación no desfile das comparsas e grupos, supón a aceptación íntegra destas bases. Todas aquelas comparsas ou grupos que non se atopen inscritas dentro do prazo correspondente non poderán optar ás subvencións aínda que si se lles permitirá participar no desfile.
As comparsas e grupos deberán estar na explanada da Alameda de Maside con anterioridade ás 17:00 horas, hora á que dará comezo o desfile, con saída da Alameda de Maside, baixada pola rúa Principal e subida pola rúa Rodríguez Soto, para logo voltar a baixar por segunda vez pola rúa Principal ata a Praza Maior.
Rematado o desfile, na Praza Maior estará instalada unha carpa onde se ofrecerá unha chocolatada para as persoas participantes no desfile e para todas aquelas persoas disfrazadas que se queiran achegar.


