USC Universidade de Santiago de Compostela
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
O XXX Festival Internacional de Teatro Universitario da USC, unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural, terá lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 7 de febreiro. Ademais da Aula de Teatro da USC, nesta edición participan as escolas de teatro das Universidades de Beira Interior de Portugal, de Granada e de Mozambique.
Todas as representacións desenvolveranse no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20.30 horas e a entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá cada día ás 19.00 horas.
Programa
A Universidade da Beira Interior de Portugal abre o luns 2 esta edición do festival coa peza Ficções do interlúdio, de Rui Pires, unha peza en lingua portuguesa de 60 minutos de duración.
O martes 3, a Companhia de Artes A Palhota de Mozambique representará Lutar para perder, de Ailton Zimila, unha peza en lingua portuguesa que ten unha duración de 50 minutos.
A compañía Brinco de Venus, da USC, representará Re-rosas, unha creación colectiva a partir da obra Rosas danst Rosas, de Anne T. De Keersmaeker. A peza desenvólvese en lingua galega e ten unha duración de 40 minutos.
Santa liberada, de Mario de la Torre, é obra coa que o Grupo de teatro e danza da Universidade de Granada intervirá no festival o xoves 5.
O venres 6 haberá un acto conmemorativo do 35º Aniversario da Aula de Teatro da USC.
Finalmente, o sábado 7 a Compañía de Teatro da USC pechará o festival coa representará de Irmás, de Pascal Rambert, unha peza en lingua galega de 60 minutos de duración.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/xxx-festival-internacional-teatro-universitario
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar