Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pechan o 2024 cunha inmensa satisfacción despois de moitos meses de traballo para presentar o seu último disco, Axudame a sentir, o cuarto da súa carreira en conxunto. Con máis de 40 concertos en toda España, a reposta do público non puido ser máis positiva, colgando o cartel de entradas esgotadas en moitas das cidades e enchendo de música e baile os torreiros e prazas da xeografía galega e do noroeste penínsular. Neste 2025, un ano tan especial para as nosas Letras Galegas coa merecida homenaxe ás cantareiras e á poesía popular, o grupo continúa traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país
Compañía/Artista: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Tipo de espectáculo: MÚSICA TRADICIONAL
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/axudame-a-sentir-3/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar