12:00
As palabras perdidas – Inventi Teatro

As palabras perdidas – Inventi Teatro

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof queren narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, caen na conta de que o seu conto está cheo de buratos. Faltan palabras que fuxiron da historia por falta de uso e que só utilizándoas de novo volverán ao seu lugar. Esta proposta ten un carácter dinamizador do uso da lingua galega entre a infancia e as familias participantes. Promove o coñecemento da lingua galega e de palabras que van perdendo uso e falantes e, ademais, contribúe á socialización en galego entre a infancia e as súas familias. As palabras perdidas anima ao público a falar galego dun xeito divertido e dinámico, pon en valor o patrimonio inmaterial da nosa lingua.

Compañía/Artista: Inventi Teatro

Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro

Tipo de público: INFANTIL

Programa: Lingua a escena

Video / Web

Fuente: https://redecultural.gal/events/as-palabras-perdidas/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android